domingo, 10 de decembro de 2017

    

XOVES 30 DE NOVEMBRO E VENRES 1 DE DECEMBRO

OBRADOIROS de ILUSTRACIÓN

FRAN RIVEIRO, Francelos, Ribasar 1979.

   Fórmase en artes escénicas (teatro e danza), dobraxe, produción audiovisual, crítica cinematográfica, docencia... etc; pero mantén unha constante relación coa creación pictórica. Tras anos de formación e investigación autodidacta consegue a carta de artesán na modalidade de debuxo.

Os alumnos e alumnas volveron a ter a oportunidade de traballar no arte a través dun material novo: con café.
Primeiro a través dun video e conversando, ían descubrindo a obra do artista . Sorprendidos e moi motivados forón creando as súas propias obras a través da dirección
 lúdica e instructiva de Frán.

GRACIAS FRÁN








 
O obradoiro de xoiería todo 
un éxito.
Os venres 10 e 17 de novembro
os alumnos participaron no 
obradoiro de xoiería.
Primeiro viron un video 
explicando Sonia o proceso
artesanal da fabricación das xoias.
Despois  colaboraron no  esmaltado das xoias.

Gracias SONIA


luns, 30 de outubro de 2017



Obradoiro de xoiería

Empezamos dando a coñecer os artístas 
da nosa contorna.
Os días 10 e 17 de Novembro (venres),
 teremos  un obradoiro de xoiería
 para todos os alumnos.

                   Grazas a colaboración da ouriver:
               
                           
                            SONIA ARES



Outro curso máis con experiencias novas e moi interesantes,
Xa estamos preparando o novo Proxecto: 
                                                    
"Xomos artistas"                      
  
Hai moita información sobre o valor da arte na educación, nos procuraremos darlle a oportunidade dende a escola para que poidan ser "os artistas" que todos levamos dentro.


"Importancia del arte:

- Enseña a los niños a ser más tolerantes y abiertos.

- Permite que los niños se expresen en forma creativa.

- Promueve el trabajo individual y colectivo, aumenta la
 confianza en sí mismo y mejora el rendimiento académico en general."

"Al entender el significado detrás de una obra de arte el niño adquiere las herramientas para pensar estratégicamente y desarrollar un raciocinio en sus habilidades para escribir, leer y entender". 

"Cuanto mayores sean las oportunidades para desarrollar la sensibilidad y mayor la capacidad de agudizar todos los sentidos, mayor será también la oportunidad de aprender".

xoves, 6 de xullo de 2017

QUÍTALLE O MÓBIL!!!



Ola a tod@s!!!

Deixámosvos cunha noticia que nos pareceu moi interesante sobre TDAH, emprego dos móbiles cos fill@s...


Fai click aquí para acceder á noticia

Non ten desperdicio!
;)

venres, 23 de xuño de 2017

FESTIVAL DE FIN DE CURSO


Onte, 22 de xuño, celebramos o Festival de Fin de Curso no Centro.

Convidamos ás familias para que puideran desfrutar del e d@s seus fill@s ;)

Ás 10:00 h xa estabamos no Polideportivo, xa que os monitores das actividades da tarde estaban preparados para sorprendernos co seu Festival Deportivo.
Así que vimos aos nenos e nenas do cole en exhibicións de bádminton, iniciación predeportiva, fútbol sala, artes marciais e patinaxe artística.

Queremos aproveitar esta entrada para agrader a todos estes monitores e monitoras máquinas!!! Xa que todo o que vimos nos encantou! ;)

Ás 11:30 h deron comezo as obras teatrais e bailes organizadas polo profesorado do noso centro.
Así que vimos aos rapaces e rapazas gozar sobre o escenario.

Tiñamos todo moi ben organizado! @s primeir@s en actuar foron os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Primaria, que sorprenderon cunha pronunciación exquisita en lingua inglesa na representación de The shy fly (cando hai que agradecerche, Marinha!). 



@s cativ@s de Educación Infantil bailaron e cantaron A Horta de Balbina, facendo honra ao noso Proxecto Documental Integrado deste ano: a alimentación saudable. Non se esqueceron!!! 




Seguidamente o alumnado de 1º de Educación Primaria bailou a canción de La bicicleta, que foi un gran éxito o ano pasado.





O alumnado de 2º representou El oso cansado e os nenos e nenas de 3º e 4º bailaron Madre Tierra e unha A Roda Irlandesa.












Rematamos facendo homenaxe a Carlos Casares cunha obra representada polo grupo de 5º de Educación Primaria: A Galiña azul e un baile: Twist again dos nenos e das nenas de 6º.









Todo saiu perfecto!
@s mestr@s queremos agradecerlle aos presentadores de 6º que nos amenizasen a mañá durante as pausas.
;)



xoves, 1 de xuño de 2017

CONTACONTOS E TEATRO


Ola a tod@s!:

Maio rematou de marabilla!
O día 22 e o 26 o alumnado foi ao Multiusos de Rois e puideron desfrutar por grupos dunha obra de TEATRO e dun CONTACONTOS de Raquel Queizás.




venres, 26 de maio de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 6º PRIMARIA


A semana pasada os nen@s de 6º de Primaria fóronse de excursión de fin de curso a Cantabria, acompañados pola súa titora, Lucía, e polo mestre de Ed. Física, Andrés.

Nesta magnífica experiencia visitaron dende covas, parques naturais, vilas con moito encanto, ata unha das prais máis particulares do mundo! Facemos un percorrido polos sitios que visitaron os nos@s pequen@s ?

O primeiro día visitamos a Cueva del Soplao (Cantabria), unha maravilla da natureza na que se poden observar formacións xeolóxicas dunha beleza espectacular. Posteriormente, aproveitando a tarde fomos ata o pobo pesqueiro de San Vicente de la Barquera e ata Comillas, unha das vilas máis fermosas da zona.




O segundo día esperávanos un dos pratos estrela da viaxe... a visita a Cabárceno!! Neste parque natural de máis de 700 hectáreas conviven animais tan dispares como gorilas, xirafas, elefantes, tigres, osos, cebras, rinocerontes, linces ibéricos... Durante todo o día percorremos este parque, quedando abraiados con todos estes animais descoñecidos para nós.







Ao rematar a visita, nos diriximos ata a cidade de Santander, onde demos un pequeno paseo xunto ao Palacio da Magdalena e o paseo marítimo, para rematar o día nunha pequena festa que nos tiñan preparado os do albergue. Ahí foi onde demostramos as nosas dotes de bailaríns (aínda que nos costou arrancar).


O último día foi quizais o máis intenso, levantámonos con ganas de mollarnos un pouco. Bañadores, escarpíns, traxe de neopreno, chaleco e a remar!!! Fixemos un pequeno descenso no río Deva. Dividímonos en dúas balsas e a facer un pouco de deporte! A mitade de camiño démonos un baño nas quentes augas do río Deva... Non nos creedes non? Estaba conxelada este auga!!




Unha vez que repuxemos forzas e nos despedimos da nosa monitora e do resto dos compañeiros do albergue no que nos aloxamos, puxemos rumbo a Galicia. De camiño fixemos un par de paradiñas por que aínda tiñamos ganas de mais. Coñecimos a praia de Gulpiyuri, unha das prais máis pequenas do mundo, e unha das poucas que é interior, a que non coñecedes ningunha así na nosa terra?
Despois tamén paramos na vila de Llanes e, por último, na fermosa praia das Catedrais en Lugo, onde gastamos as nosas últimas enerxías correndo pola praia para que non nos pillara a marea!!





Foron tres días nos que afianzamos a nosa amizade e coñecimos mellor aos nos@s compañeir@. 
Disfrutamos dunha experiencia que seguro non olvidaremos!


venres, 19 de maio de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O 17 de maio é un día importante para @s Galeg@s.
Este día tan especial é festivo, polo que este ano no centro decidimos celebralo o 19, dous días despois.
Pero xa durante a anterior semana comezaron as primeiras lecturas do homenaxeado deste ano nas aulas: Carlos Casares e as primeiras manualidades d@s cativ@s.
Velaquí algunhas delas:

GALIÑAS AZUIS DE EDUCACIÓN INFANTIL:




A VERSIÓN DAS GALIÑAS D@S NEN@S DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


Este ano tamén se homenaxea a Maruxa Mallo no Día das Artes Galegas, polo que ao longo destas semanas pasadas os cursos de 4º e 5º EP traballaron a súa obra, a súa figura e trataron de entender o surrealismo das súas obras. Aquí tedes algunhas das obriñas feitas por el@s:





Hoxe, despois do recreo, @s nen@s leron con compañeir@s doutros cursos os escritos de Casares:










Algúns mesmo fixeron unha representación. Temos aquí a un neno que fixo de galiña e puxo: 1, 2 e ata 3 ovos. Todo vale con tal de entreter aos máis pequen@s ;)




A continuación, na entrada do centro, lembrámoslle que todos os anos celebramos o 17 de maio conmemorando a data da publicación do primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Cada ano adicáselle o día a un escritor ou escritora da Nosa Terra. Este ano o homenaxeado é (tal e como xa se indicou) Carlos Casares, do que lembramos lugar de nacemento e defunción.

Dúas alumnas de 5º de EP leron para tod@s nós unha das súas obras.
Fixérono xenial!


Logo cantamos entre tod@s a canción do PIRIMPIMPÍN.


E finalmente xogaron no patio a xogos traidicionais.








Contamos cuns invitados e cunhas invitadas moi especiais: @s maior@s do Centro de Día.






GRACIAS POR VIR!!!!!!!!!!
PARA O ANO MÁIS E MELLOR!