Páxinas

martes, 23 de febreiro de 2016

RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. É un día moi especial no que conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro como persoas.
 A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa disposición unha recompilación de recursos co que pretendemos facilitar aos nosos mestres e aos nosos alumnos o seu traballo e aprendizaxe entorno a un tema tan importante como a igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político.


https://sites.google.com/site/recursosmullertraballadora/

Tamén vos deixamos un taboleiro de Pinterest cunha chea de lecturas, moitas das cales atoparedes na nosa biblioteca, sobre este tema tan importante.

AMOR NA BIBLIOTECA

Para celebrar o DÍA DOS NAMORADOS, deixámosvos aquí un precioso poema de amor escrito por Liliana Cinetto no seu libro "20 poesías de amor y un cuento desesperado".
Esperamos que vos guste.
Podes descargalo escrito e imprimilo se pinchas AQUÍ