luns, 26 de outubro de 2015

XA SE RESPIRA AMBIENTE DE SAMAÍN NO COLE!

Ola a todos e todas!!!

Xa se respira ambiente de Samaín no cole!!

Os corredores xa comezaron a decorarse!! Xa chegaron moitísimas cabazas para a exposición e a Biblioteca sacou unha chea de libros de medo para unha exposición no corredor do cole!





Aquí vos deixamos un pase con varias fotos para que vaiades vendo!!


domingo, 25 de outubro de 2015

GUÍA DE LECTURA SAMAÍN 2015

Aquí vos deixamos a Guía de Lectura que elaboramos con motivo do Samaín.
Escollede as mellores lecturas para tremer de medo!


O RE-MEDO CONTRA O ABURRIMENTO: lecturas para un Samaín de medo

Chegou o outono, e con el, o tempo das castañas, da vendimia, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
Aquí tedes un feixe de libros que constitúen un verdadeiro RE-MEDO CONTRA O ABURRIMENTO. 
Algúns deles atoparedelos na exposición de libros de medo que con motivo do Samaín organizou a biblioteca no corredor do centro. 
Disfrutádeos!!!
Follow Asun García's board O re-me do contra o aburrimento on Pinterest.



E para profes e familias poñemos a vosa disposición unha recompilación de recursos para disfrutar do Samaín.
Aproveitádea pinchando sobre a imaxe!!