xoves, 6 de novembro de 2014

Autor: Roald Dahl
Ilustracións: Quentin Blake
Editorial: Alfagurara juvenil


Resumo:  A nosa profesora estanos lendo o libro das bruxas.
  O protagonista é un neno que ten que ir a vivir coa súa avoa porque os seus pais morren nun accidente de coche.
  O neno descubre que as bruxas son coma mulleres pero teñen outras características:
  •   Ráscanse moito a cabeza porque son calvas e usan perrucas.Por iso podemos atopar bruxas: loiras,morenas,grises...
  •    Non teñen dedas nos pés; os seus pes son cadrados por iso nunca andan de sandalias.
  •    Nunca cuspen diante da xente porque o seu cuspe é azul.
  •  Levan sempre luvas porque en lugar de uñas teñen garras.
  •  Teñen moito olfato. Por iso, si un neno está limpo á bruxa cheiralle mal por iso é mellor estar sucio porque así a bruxa non sabe que estás.
  •  Levan máscara para ocultar a súa cara toda engurrada.
      O neno descobre o plan malvado dunha asociación de bruxas que pretenden converter a todos os nenos/as en ratos para que despois os profesores os maten con rateiras.
      O neno,convertido en rato polas bruxas e máis a súa avoa idean un plan para roubarlle a poción ás meigas e botala na sopa que  elas van comer.
      Estou desexando que a profesora acabe de lernos o libro para descubrir o final.
      Todos deberiades ler este libro para recoñecer as bruxas porque calquer muller por moi encantadora que pareza pode ser unha bruxa.

As/os nenas/os de cuarto.