xoves, 6 de novembro de 2014

Autor: Roald Dahl
Ilustracións: Quentin Blake
Editorial: Alfagurara juvenil


Resumo:  A nosa profesora estanos lendo o libro das bruxas.
  O protagonista é un neno que ten que ir a vivir coa súa avoa porque os seus pais morren nun accidente de coche.
  O neno descubre que as bruxas son coma mulleres pero teñen outras características:
  •   Ráscanse moito a cabeza porque son calvas e usan perrucas.Por iso podemos atopar bruxas: loiras,morenas,grises...
  •    Non teñen dedas nos pés; os seus pes son cadrados por iso nunca andan de sandalias.
  •    Nunca cuspen diante da xente porque o seu cuspe é azul.
  •  Levan sempre luvas porque en lugar de uñas teñen garras.
  •  Teñen moito olfato. Por iso, si un neno está limpo á bruxa cheiralle mal por iso é mellor estar sucio porque así a bruxa non sabe que estás.
  •  Levan máscara para ocultar a súa cara toda engurrada.
      O neno descobre o plan malvado dunha asociación de bruxas que pretenden converter a todos os nenos/as en ratos para que despois os profesores os maten con rateiras.
      O neno,convertido en rato polas bruxas e máis a súa avoa idean un plan para roubarlle a poción ás meigas e botala na sopa que  elas van comer.
      Estou desexando que a profesora acabe de lernos o libro para descubrir o final.
      Todos deberiades ler este libro para recoñecer as bruxas porque calquer muller por moi encantadora que pareza pode ser unha bruxa.

As/os nenas/os de cuarto.
  





sábado, 8 de febreiro de 2014

Ottoline y el mar

Autor: Chris Riddell
Editorial:EDELVIVES


Resumo:Ottoline e o Sr Munroe, vanse de viaxe, e Ottoline non sabe onde ir. O SR  MUNROE  quere ir a Noruega  e Ottoline consultou o libro que se titula "O silbido salvaxe ". Ottoline viaxou a Noruega cun oso e fixeronno en submarino, con tres monos de tripulación. Mentres viaxaban no submarino a alarma antiicebeg saltou, e subiron á superficie a ver que ocurria. Viron un iceberg e tres osos polares. Os osos convidaronlle a súa casa, e alí a osa Carolina presentoulles a todos os seus amigos. Carolina regaloulle unhas botas a Ottoline. A viaxe continúa; volveron oir outro ruido, novamente  foron, era un hidroavión. O submarino quedou sen batería e Menta levou a Ottoline e Oso. Descubriron unha illa habitada por dous trolls, Ringo e George. Mentras Menta arranxaba o hidroavión, os trolls convidaron a Ottoline a tomar tortitas e arenque. Ottoline queria continuar a súa viaxe e fixo nuha balsa. Despois de levar  un tempo no mar  perdense. Entón Tor asubiou e apareceron dúas tartarugas ,unha balea e unha aguía mariña

                                                                
                                                                 CONTINUARÁ.....
Jessica Ramos Villaverde (5º)

Palabras de Caramelo

Autor: Gonzalo Moure
Ilustracións:Fernando Martín Godoy
Editorial: Anaya



Resumo: 
Trata sobre un neno palestino que se chama Kori e ten oito anos, que naceu xordo e mudo e que lle encantaban os camelos e súa tía tiña unha camela e Kori sempre ía visitar a camela Un día, veu que nacera un camelo e tiña a cor de caramelo e Kori decidiu chamarlle Caramelo. Kori vía que Caramelo movía os labios e pensou que os camelos falaban e todos os días Kori iba ver a Caramelo e o camelo contáballe as historias do deserto. E un día viñeron os "homes serios" dicindo que tiñan que sacrificar ao seu camelo



                                                                   e.................................      


Laura Barbazán Lesta (5º)