luns, 25 de abril de 2016

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe disfrutamos na nosa biblioteca dunha visita moi especial. Para rematar coas celebracións do DÍA DO LIBRO recibimos a RAQUEL QUEIZÁS. Raquel ten unha traxectoria de máis de 10 anos dedicada a narración oral profesional.


O espectáculo que nos trouxo titulase "O CESTO DOS CONTOS"
"A miña avoa traballaba servindo polbo na feira de gando do Toural. Nos días de feira erguíamonos moi cedo e saiamos no Landrover do patrón. A miña avoa apertábase no asento cos compañeiros e eu ía na parte de atrás. Levaban tantas cousa que me metían nunha daquelas inmesas potas de cobre de cocer o polbo para que non me esmagasen as banquetas e as pilas d pratos de madeira.
Mestres íamos choutanto por aquelas pistas de monte escoitaba historias e anécdotas sobre uns e outros, e seguía escoitando mestres a avoa cortaba pratos e pratos de polbo para os feirantes..."

Moito disfrutamos con Raquel e cos seus contos, Ofreceunos dúas sesións: unha para os máis pequenos e outra para os maiores.
E aquí vos deixamos algunhas fotos para lembrarnos da súa visita e dos bos momentos que nos fixo pasar. 




domingo, 24 de abril de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO EN URDILDE

O 23 de abril conmemórase o DÍA DO LIBRO. Como este ano caía de sábado, no noso cole decidimos celebralo o venres para elo puxemos en práctica por primeira vez unha experiencia nova: os APADRIÑAMENTOS LECTORES. Foi un momento especial para todos nós. Os Padriños e Madriñas lectores (alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º) buscaron o lugar que máis lles gustou por todo o colexio para lerlles ao seus afillaos (alumnos de Infantil, 1º e 2º). E aquí os tedes!! Que ben o pasaron!!

Apadriñamentos Lectores: Día do Libro no CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde 2016 from asun urdilde on Vimeo.


E tamén co gallo da celebración do DÍA DO LIBRO o Equipo de Biblioteca preparou unha Guía de Lectura titulada "Os libros nos libros".
"Os libros, ás veces, fanse unha homenaxe a sí mesmos converténdose nos protagonistas das súas narracións. É coma se os libros dixesen: agora imos falar de nós mesmos: de como nos fan, de quen nos escribe e nos ilustra, dos lectores que nos devoran, de quen nos coida e ordena... Incluso, ás veces, ata deciden mesturar aos personaxes das súas páxinas e colocalos noutras historias para, así, sorprender aos lectores e facernos pensar que aínda hai miles de historias por escribir e as mesmas por ler."
Esta guía axudaravos a coñecer mellor todos estes libros que falan de sí mesmos.


Os rapaces foron agasallados cun MARCAPÁXINAS coa nosa mascota Pumariño para non esquecer nunca a páxina na que estamos do libro que estamos a ler. Se por algunha razón a perdedes podedes descargala de novo aquí, rexistrándovos na páxina de ISSUU.
E para rematar deixámosvos outro pequeno agasallo: trátase dunha curtametraxe que de seguro moitos de vós coñeceredes: "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore" Inspirado por igual no furacán Katrina, Buster Keaton, o mago de Oz e unha gran pasión polos libros, esta curta dirixida polo autor e ilustrador Willian Joyce e o seu co-director Brandon Oldenburg en 2011 é unha entretida e apaixonante historia das persoas que dedican a súa vida aos libros e a quenes os libros lles devolven o favor. Fala dos poderes curativos dunha boa lectura. A historia xira arredor do amor polos libros, a súa capacidade para iluminar as nosas vidas e o marabilloso que é mergullarse na lectura. Esta curtametraxe gañou unha ducia de premios en festivales de cine, incluindo o Premio do Público no Festival de Cine de Austin, mellor curta de animación no Festival de Cine de Cinequest; e por suposto, o galardón como Mellor Curtametraxe de Animación nos premios Oscar na súa 84ª edición

.

domingo, 3 de abril de 2016

XVII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Este ano na XVII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra os protagonistas son os animais domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos,... formigas, osos, cans e paxaros, ... de todas partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e dos ecosistemas por coñecer,... reais e fantásticos!!
Todos teñen cabida no Salón que poderemos disfrutar entre o 1 e o 23 de abril de 2016.
Podedes consultar o seu programa de actividades (que se celebran no Pazo da Cultura de Pontevedra) aquí:



E falando de bichería dende a nosa biblio gustaríanos darvos a coñecer unha serie de curtametraxes animadas de orixe francés cheíñas de bicherío e que de seguro sabemos que vos van a gustar moitísimo. A serie titúlase Minúscule e xa hai 2 temporadas colgadas en internet. Trátase cunhas curtametraxes francesas superdivertidas. Aquí vos deixamos unha delas pero si buscades en youtube poñendo a palabra "Minuscule" atoparedes un montón delas.


sábado, 2 de abril de 2016

2 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os nenos e nenas e entre os xóvenes e as xóvenes.

Nós queremos celebralo cunha imaxe dunha das nosas ilustradoras favoritas: Mónica Carretero que fixo pública hoxe.

Dedicámovola a todos vós, rapaces e rapazas de Urdilde, e tamén ás vosas familias para que vos sigan regalando libros e compartindo con vós eses momentos tan especiais de lectura en familia. 
Tamén queremos dedicarlla aos vosos profes que tanto se esforzan en conseguir que sexades uns bos lectores e que amedes a lectura o resto das vosas vidas.






Cada ano unha Sección Nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e Xuvenil. Esa sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país con fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora que deseñe o cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. 


Este ano a sección elixida foi a Sección IBBY brasileña. Foi quen decidiu que a autora seleccionada para escribir esa importante mensaxe fose a escritora Luciana Sandroni e o ilustrador Ziraldo
Este é o cartel que prepararon:


E aquí poderedes ler a mensaxe que deixou Luciana Sandroni para todos vós. Pinchade sobre él para poder amplialo e lelo ben.