venres, 26 de maio de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 6º PRIMARIA


A semana pasada os nen@s de 6º de Primaria fóronse de excursión de fin de curso a Cantabria, acompañados pola súa titora, Lucía, e polo mestre de Ed. Física, Andrés.

Nesta magnífica experiencia visitaron dende covas, parques naturais, vilas con moito encanto, ata unha das prais máis particulares do mundo! Facemos un percorrido polos sitios que visitaron os nos@s pequen@s ?

O primeiro día visitamos a Cueva del Soplao (Cantabria), unha maravilla da natureza na que se poden observar formacións xeolóxicas dunha beleza espectacular. Posteriormente, aproveitando a tarde fomos ata o pobo pesqueiro de San Vicente de la Barquera e ata Comillas, unha das vilas máis fermosas da zona.




O segundo día esperávanos un dos pratos estrela da viaxe... a visita a Cabárceno!! Neste parque natural de máis de 700 hectáreas conviven animais tan dispares como gorilas, xirafas, elefantes, tigres, osos, cebras, rinocerontes, linces ibéricos... Durante todo o día percorremos este parque, quedando abraiados con todos estes animais descoñecidos para nós.







Ao rematar a visita, nos diriximos ata a cidade de Santander, onde demos un pequeno paseo xunto ao Palacio da Magdalena e o paseo marítimo, para rematar o día nunha pequena festa que nos tiñan preparado os do albergue. Ahí foi onde demostramos as nosas dotes de bailaríns (aínda que nos costou arrancar).


O último día foi quizais o máis intenso, levantámonos con ganas de mollarnos un pouco. Bañadores, escarpíns, traxe de neopreno, chaleco e a remar!!! Fixemos un pequeno descenso no río Deva. Dividímonos en dúas balsas e a facer un pouco de deporte! A mitade de camiño démonos un baño nas quentes augas do río Deva... Non nos creedes non? Estaba conxelada este auga!!




Unha vez que repuxemos forzas e nos despedimos da nosa monitora e do resto dos compañeiros do albergue no que nos aloxamos, puxemos rumbo a Galicia. De camiño fixemos un par de paradiñas por que aínda tiñamos ganas de mais. Coñecimos a praia de Gulpiyuri, unha das prais máis pequenas do mundo, e unha das poucas que é interior, a que non coñecedes ningunha así na nosa terra?
Despois tamén paramos na vila de Llanes e, por último, na fermosa praia das Catedrais en Lugo, onde gastamos as nosas últimas enerxías correndo pola praia para que non nos pillara a marea!!





Foron tres días nos que afianzamos a nosa amizade e coñecimos mellor aos nos@s compañeir@. 
Disfrutamos dunha experiencia que seguro non olvidaremos!


venres, 19 de maio de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O 17 de maio é un día importante para @s Galeg@s.
Este día tan especial é festivo, polo que este ano no centro decidimos celebralo o 19, dous días despois.
Pero xa durante a anterior semana comezaron as primeiras lecturas do homenaxeado deste ano nas aulas: Carlos Casares e as primeiras manualidades d@s cativ@s.
Velaquí algunhas delas:

GALIÑAS AZUIS DE EDUCACIÓN INFANTIL:




A VERSIÓN DAS GALIÑAS D@S NEN@S DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:


Este ano tamén se homenaxea a Maruxa Mallo no Día das Artes Galegas, polo que ao longo destas semanas pasadas os cursos de 4º e 5º EP traballaron a súa obra, a súa figura e trataron de entender o surrealismo das súas obras. Aquí tedes algunhas das obriñas feitas por el@s:





Hoxe, despois do recreo, @s nen@s leron con compañeir@s doutros cursos os escritos de Casares:










Algúns mesmo fixeron unha representación. Temos aquí a un neno que fixo de galiña e puxo: 1, 2 e ata 3 ovos. Todo vale con tal de entreter aos máis pequen@s ;)




A continuación, na entrada do centro, lembrámoslle que todos os anos celebramos o 17 de maio conmemorando a data da publicación do primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Cada ano adicáselle o día a un escritor ou escritora da Nosa Terra. Este ano o homenaxeado é (tal e como xa se indicou) Carlos Casares, do que lembramos lugar de nacemento e defunción.

Dúas alumnas de 5º de EP leron para tod@s nós unha das súas obras.
Fixérono xenial!


Logo cantamos entre tod@s a canción do PIRIMPIMPÍN.


E finalmente xogaron no patio a xogos traidicionais.








Contamos cuns invitados e cunhas invitadas moi especiais: @s maior@s do Centro de Día.






GRACIAS POR VIR!!!!!!!!!!
PARA O ANO MÁIS E MELLOR!

xoves, 11 de maio de 2017

ADEGA



Hoxe tivemos a sorte de contar coa ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA: ADEGA.



Pincha aquí para acceder á súa web

Os nenos e as nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil foron partícipes dos dous talleres que se levaron a cabo.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños:






O plan do día:







OS LIBROS DOS VOS@S PAIS E NAIS



Esta semana temos no cole un recucho con libros que puideron utilizar @s vos@s pais, nais, avós e avoas.

Velaquí as fotos:



HORTA, HORTIÑA...








Co motivo do noso Proxecto Documental Integrado e aproveitando que dispoñemos dun bancal no centro, coa axuda de Carmen Freire (a nai de dous dos alumnos do centro) levamos a cabo unha actividade lúdica, divertida, funcional e positiva de cara á aprendizaxe, que recibiu unha cálida benvida por parte do alumnado, o cal participou de forma unánime xunto co seu grupo.
Nun primeiro momento a coordinadora de Biblioteca, Amanda Rodríguez e Carmen Freire, reuníronse para facer o plan deste proxecto tan chulo! Así acordaron que se comezaría pola preparación de carteis e da zona de plantación:

-         * No bancal: sachar para abrandar a terra, rastrillar co angazo, sacar as herbas, rechear con terra abonada da compostaxe e repartir proporcionalmente o terreo entre o alumnado e airear a terra.
-         * No invernadoiro: ordear e varrer.
-         * Na compostaxe: reorganizar.


  FOTOS DOS NENOS E DAS NENAS SACANDO HERBAS, SACHANDO, RASTRILLANDO, RECHEANDO CON TERRA ABONADA...














FOTOS DOS NENOS E DAS NENAS REPARTINDO PROPORCIONALMENTE O TERREO:





REPARTO PREVIO NA AULA:




Propuxeron os días de acordo ao profesorado para levar a cabo estas tarefas por grupos, sempre con supervisión:

MÉRCORES  5/4/2017

1ª sesión

Terceiro
Abrandar a terra do bancal co angazo e recoller plásticos.

2ª sesión
Segundo
Quitar as herbas do bancal e levalas á zona do compostoiro.
3ª sesión
Quinto
Encher o bancal coa terra do compostoiro.
4ª sesión
Cuarto
Limpar e organizar o invernadoiro.
5ª sesión
Primeiro
Carteis cos cursos e nomes das plantas.



XOVES 6/4/2017

Sexto
Medir o bancal para facer o reparto por cursos.
Infantil
Airear a terra coas pas.


1ª sesión
Traballaremos sementar/plantar dende:
As sementes.
Os froitos.
As flores.
As raíces.
Os enxertos.
2ª sesión
3ª sesión
3 anos
4-5 anos
4ª sesión
      5º

COLLENDO SEMENTES DA CABAZA:


EXPLICACIÓN DE COMO ENXERTAR: 







EXPLICACIÓN DE COMO PLANTAR:



 LOGO DA EXPLICACIÓN A ACCIÓN:



SEMENTAR BULBOS E PATACAS:






EXPLICACIÓN DA REPRODUCIÓN:








EXPLICACIÓN SOBRE AS SEMENTES, AS FLORES E OS FROITOS:



EXPLICACIÓN E DESFRUTE DOS PHYSALIS:





PLANTANDO: