xoves, 23 de febreiro de 2017

De consumir a consumidor responsable



Un vídeo moi chulo que atopou a coordinadora de Biblioteca: Amanda.

TOD@S PODEMOS FACER ALGO POLO PLANETA!!!


martes, 21 de febreiro de 2017

Mandados da Meca



Boas a tod@s!:

Xa chegou o Entroido!

Aquí vos deixamos os mandados da Meca para mércores e xoves:

Querida Meca,
miña compañeira,
o mércores virei guapa
para sachar na leira:
unhas botas que poida manchar
e sombreiro ou pano que me poidan tapar.
Querida Meca,
compañeira amiga,
xoves traballarei coma unha formiga:
co boli na man e a cara pintada,
algún pensará que son unha esaxerada.

Venres disfrazarémonos de cociñeir@s, de acordo á temática que estamos traballando este curso.


Pasade unhas boas vacacións!!!

Os bolechas



Hoxe os nenos e as nenas do último curso de EI e do primeiro curso da EP están no centro cos Bolechas ;)
Pincha aquí para acceder á web
Colgarémosvos fotiños!


luns, 20 de febreiro de 2017

MÉDICOS SEN FRONTEIRAS




O outro día pregunteille a un neno deste cole si sabía o que era a organización de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS. Deume unha definición moi boa, xa que me indicou que eran médicos que non tiñan fronteiras e efectivamente, son un colectivo (médicos ou non) que van a aqueles lugares nos que fan falta, sen importar ónde.


Son valentes, son optimistas, son, sen dúbida, excelentes persoas que cren no cambio e loitan a diario por el.

O venres 17 de febreiro algunhas destas persoas tan valentes estiveron aquí no noso centro. Explicámoslle aos cativ@s que os cartos recaudados no MERCADIÑO SOLIDARIO foron destinados a MSF. Logo, @s pequen@s de primaria, gozaron do conto que lles prepararon e os maiores da charla-coloquio.

Un gran día!

xoves, 9 de febreiro de 2017

Xuntos podemos enfriar o planeta



Que podemos facer nós para enfriar o planeta?

Estámolo tratando como merece?

Que relación ten o cambio climático e a alimentación?

Estas e outras respostas no vídeo. Pincha aquí.



Kamishibai




Kamishibai significa "teatro de papel". É un xeito de contar historias que se remonta o século XII e se empregaba en Xapón.
Nós temos un teatrillo destes no cole e algunhas aulas están disfrutando moito con el.

Deixámosvos cun par de fotos que fixo un neno de 5º de Educación Infantil (cómo controlan as Novas Tecnoloxías) e un enlace para que vexades que vós tamén podedes facer un na casa para disfrutar cos vos@s fill@s. Pincha aquí para ver o vídeo.







Gracias!!!




Querid@s lector@s:

Un día máis queremos darlle gracias á nosa compañeira, á nosa amiga: Mª Asunción García Álvarez. 
O curso pasado acompañounos no centro e este, aínda que xa non traballa aquí, segue a axudarnos de xeito activo na xestión da Biblioteca escolar.
Onte rematamos un curso de formación do profesorado para as bibliotecas impartido por ela. Só temos palabras de agradecemento para esta gran compi e os nosos mellores pensamentos sempre a acompañarán.
Gracias Asun! Ti non esqueces Urdilde, pero Urdilde tampouco se esquece de ti.

Bicos nosos e do bichoco :**************************

luns, 6 de febreiro de 2017

Lecturas compartidas



Os venres de febreiro,

LECTURAS c@s COMPAÑEIROS/AS ;)

Para traballar as lecturas compartidas entre o alumnado, neste mes de febreiro imos repetir a experiencia do Día do Libro do curso pasado. A intención é a de fomentar o gusto pola lectura, traballando con diferentes idades no mesmo espazo, buscando a heteroxeneidade e a riqueza.
O día escollido é o venres.  Durante a semana, no día que teñan reservado na biblio, @s cativ@s poden seleccionar un libro para ler e preparalo o día anterior (xoves).
O número de alumnado destinado á escoita, será distribuído de xeito que tod@s teñan un padriño ou madriña lector/lectora.


DÍA 10
DÍA 17
3 ANOS
4-5 ANOS


Debido ás baixas temperaturas, acobillarémonos dentro da escola: corredores, hall, biblioteca… alonxados para non interrumpirnos.