venres, 18 de marzo de 2016

DÍA DO PAI

Mañá celébrase o DÍA DO PAI !
Dende a biblioteca ofrecémosvos unha estupenda Guía de Lectura chea de libros que falan sobre os papás.

mércores, 2 de marzo de 2016

DÚAS MULLERES E UNHA LECCIÓN QUE APRENDER

   Durante moito tempo, a sociedade presentou aos homes cun papel dominante e ás mulleres, en cambio, cun papel de sumisión obrigadas a renunciar ao éxito académico ou laboral extradoméstico para ocuparse das suas familias e das tarefas domésticas.

  Afortunadamente, na nosa sociedade, vanse superando os estereotipos ligados ao sexo e, hoxe continuamos loitando por unha Educación para a Igualdade de Oportunidades para ambos sexos.

Queríamos compartir con todos vós un par de libros moi especiais.

No primeiro deles, titulado MARUXA e editado pola Editorial OQO, imos coñecer a Maruxa, unha muller moi intelexente, que decide darlle unha boa lección ao seu marido para que colabore con ela nas tarefas que "por tradición" parece que están ligadas á muller na casa.



No segundo libro, titulado O LIBRO DOS PORCOS e publicado por a Editorial Kalandraka, é a señora Porcón a que decide darlles unha boa lección ao seu marido e aos seus fillos para se aprendan que as tarefas do fogar son responsabilidade de todos os membros da familia.



    Estas dúas intelixentes mulleres dannos una lección tamén a nós. Unha lección que ningúen de nós debe esquecer porque todos as mulleres e as nenas teñen exactamente os mesmos dereitos e as mesmas responsabilidades que os homes e que os nenos.