venres, 31 de marzo de 2017

ABRIL




Achégase abril, o mes dos libros (como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares) e con el unha das datas máis significativas para os mediadores e mediadoras de lectura, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil no que se celebra o nacemento de Hans Christian Andersen. Coma en anos anteriores, a IBBY (International Board on books for Young People), a súa sección española a OEPLIxunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, editan un cartel cunha mensaxe e unha imaxe especialmente deseñada para este día.
Nesta ocasión, a sección de Ibby de Rusia foi a encargada da elaboración deste cartel. O texto, do escritor ruso Sergey Makhotin fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan.  O debuxante e ilustrador Mikhail Fedorov pon a imaxe a este cartel que se difunde xunto co texto nas catro linguas do estado. Tamén está accesibe en inglés e ruso a través da páxina de Ibby. 
Coma en anos anteriores, GALIX anima a centros escolares, bibliotecas e librarías a colaborar na difusión desta mensaxe. Así mesmos, as bibliotecas e centros educativos poden participar no concurso "Andersen hoxe" que para a celebración deste día organizan a OEPLI e todas as súas seccións.  Pódese acceder a toda a información nesta ligazón.


- Texto extraído de: BIBLIOTECAS ESCOLARES en edu.xunta.es -.

LINGUA DE SIGNOS.- CONTO DE DISNEY



PAPÁS E MAMÁS:

Aproveitando que hai pouco que temos nos cines a nova peli de LA BELLA Y LA BESTIA e que outra vez @s nen@s volven falar dela, podemos ensinarlles este vídeo no que se emprega a lingua de signos para contalo conto. Deste xeito, podémoslle explicar o motivo polo que se emprega e a quen se dirixe.
Seguro que atopades detalles na historia que vos gustan e que non vos gustan. Aproveitade para falar sobre eles cos pequen@s. Parécevos? Nós na escola farémolo!





martes, 21 de marzo de 2017

21 de Marzo: día internacional da Poesía



Hoxe foi un día especial, dedicado á Poesía.
Amanda, a coordinadora de biblioteca, propuxo lerlle poesía aos nen@s durante a hora de ler e que repetisen algúns versos.



Algúns de nós escollimos os libros de Gloria Fuertes.
Deixámosvos un poema seu que nos gusta moito:




A veces quiero preguntarte cosas,
y me intimidas tú con la mirada,
y retorno al silencio contagiada
del tímido perfume de tus rosas.

A veces quise no soñar contigo,

y cuanto más quería más soñaba,
por tus versos que yo saboreaba,
tú el rico de poemas, yo el mendigo.

Pero yo no adivino lo que invento,

y nunca inventaré lo que adivino
del nombre esclavo de mi pensamiento.

Adivino que no soy tu contento,

que a veces me recuerdas, imagino,
y al írtelo a decir mi voz no siento.

martes, 14 de marzo de 2017

XVIII SALÓN DO LIBRO: O MUNDO QUE QUEREMOS





Hoxe fomos a Pontevedra ao XVIII Salón do Libro.

A temática deste ano é O MUNDO QUE QUEREMOS. E así se podía ver plasmado na parede.



Tiveron moi en conta algo que aos mestr@s nos gusta moito: 3, 2, 1... DENTRO FOTO!!!:


Percorremos o Salón en grupiños, polo que vimos cousas diferentes. Algunhas delas foron as seguintes:














Atopamos o noso kiosko e outro eco que nos gustou moito ;)



Reencontrámonos con Raquel Queizás, que estivo marabillosa! Contounos dúas historias que nos encantaron. 
Sacámoslle dúas fotiños:



Lembránonos do noso Proxecto Documental de Centro ao ver esta obriña:



E guiáronnos por diferentes espazos onde desfrutamos de grandes apertas, historias con dados e sorpresas baixo cores.




Tamén tivemos tempiño para xogar un pouco no parque, mentras os maiores paseaban pola zona vella de Pontevedra.










Sobraban os abrigos, pero pasámolo estupendamente. Para o ano repetimos! ;)




mércores, 8 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER TRABALLADORA



Hoxe é 8 de marzo, o día da Muller Traballadora.


Os alumnos e as alumnas de Educación Infantil, da man das súas mestras: Marisol e Ana e os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria, sendo titora Maica, gañaron o concurso de carteis do día da Muller Traballadora que organiza o concello.

CARTEL DE E.I:




Queremos destacar a iniciativa de Alba Basante, alumna de 3º, que mobilizou á súa clase para facer o cartel. 


Os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria están aprendendo con Marinha e Natalie a canción I can´t keep quiet, que é o himno da marcha das Mulleres en USA.



En 2º de Educación Primaria, no que Alicia é titora, a alumna Andrea Suárez realizou un pequeniño traballo pensando na súa nai. Unha imaxe vale máis que mil palabras:





MOITOS PARABÉNS CATIV@S! SODES GRANDES! ;)

mércores, 1 de marzo de 2017

RELOXO INTELIXENTE


Encántannos estas noticias!!!

Un reloxo intelixente en Braille que permite sentir mensaxes na súa pantalla.
-Fai click para ver a noticia completa arriba-.