domingo, 8 de maio de 2016

MANUEL MARÍA: autor homenaxeado o día das letras galegas

Manuel María é o poeta homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. 

Para ir coñecendo máis profundamente a súa vida e obra deixámosvos aquí unha páxina que recolle unha chea de recursos para que vaides traballando nas aulas. 

E lembrade acudide á biblioteca e poderedes atopar as súas obras e máis información sobre este poeta tan querido na nosa terra.

Pinchade sobre a imaxe para acceder aos recursos



luns, 2 de maio de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA EL ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio,  celébrase o Día Internacional contra o acoso escolar coñecido tamén con Día contra o Bullying.
Trátase dunha campaña de concienciación sobre un problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo.
Asociacións de Padres e numerosas ONG's de todo o mundo acordaron a celebración deste día para concienciar á población sobre as consecuencias que pode causar o acoso entre os escolares así como divulgar diversos métodos para evitar que esta situacións ocurran.
Os nenos ou xóvenes que sufren acoso escolar por parte doutros estudantes ou son testemuñas de situacións de violencia de forma reiterada teñen un menor rendemento académico a curto e a longo prazo. Esta situación pode acentuarse ao longo do tempo e provocar na persoa afectada unha depresión que pode levarlle a non asistir a clase e deixar os estudos.
Dende a nosa biblioteca queremos compartir con vós algunhas lecturas que teñen como obxectivo concienciarnos sobre este tema tan preocupante.




E para os profes deixamos aquí tamén acceso a unha recompilación de recursos para traballar este tema nas aulas. Pincha sobre a imaxe:


domingo, 1 de maio de 2016

DÍA DA NAI

Hoxe, primeiro domingo de maio, celebramos o DÍA DA NAI e para celebralo a biblioteca quere compartir con vós esta fermosa selección de libros dedicados ao amor con que nos colman as nosas nais. 
E agora despois de ver a cantidade de libros que a Literatura Infantil e Xuvenil dedica as nais, imos disfrutar de algúns destes libros. Parécevos?