venres, 11 de decembro de 2015

COÑECENDO AO APALPADOR

Coñecedes ao Apalpador???

O Apalpador e un vello corpulento e bondadoso que viste sempre con roupas gastadas e remendadas e leva boina. Dedícase ao antigo oficio de facer carbón vexetal e frecuenta as zonas do Courel, os Ancares e o Cebreiro. A noite do 31 de decembro, baixa da súa solitaria cabana no cumio dun dos montes máis altos, cargado cun enorme saco cheo de castañas e visita todas as aldeas galegas. Mentres todos dormen, el entra nas casas para apalpar as barriguiñas dos nenos e nenas e comprobar se están ben alimentados e deixarlles unha boa presada de castañas para que non pasen fame.
Hoxe en día, como non atopa moitos ventres baleiros, acostuma a deixar tamén un pequeno xoguetiño de construción artesanal cheo de agarimo.
Se lle ledes este díptico as vosas familias, conseguiredes que eles tamén o coñezan.

Se queredes saber máis cousas sobre o Apalpador AQUÍ atoparedes máis recursos.



Hai quen di que desaparecerá de Galicia se a xente non lle presta a atención que recibiu durante séculos e se Papá Noel segue roubándolle o seu traballo. E bo, polo tanto, que fales del e llo presentes a toda a xente que coñezas sobre todo aos máis cativos, para lograr que non nos abandone e siga visitándonos todos os anos.
Queres ler o Conto do Apalpador agora?

























E xa para rematar imos cun pouquiño de música. O Apalpador tamén é protagonista dalgunhas cancións que de seguro che gustará aprender ou polo menos escoitar. Aquí che deixamos un par delas.