mércores, 12 de abril de 2017

O AGASALLO DE PUMARIÑO





             Pumariño, a mascota da biblio, envioulle unha carta aos nenos e nenas de Educación Infantil.

             Dicía o seguinte:


Febreiro de 2017

Queridos nenos e nenas de Infantil:

Achégase o día de San Valentín. Estou pensando en preparar unha sorpresa para o cole, pero preciso da vosa colaboración.
Querédesme axudar?
Si é así, enviareivos instrucións aos poucos.

Un bico grande,


Pumariño



@s pequen@s colaboraron en todo o que lles pediu e ao final, Pumariño creou este cabaliño tan bonito.

DI NON AO ACEITE DE PALMA


Marinha pediulle aos escolares que trouxeran envoltorios dos produtos que consumían nas súas casas.
Logo de mirar ingredientes, percatáronse de que algúns deles levan aceite de palma, o cal é nocivo para a saúde.
Viron vídeos e falaron sobre este tipo de aceite e as consecuencias devastadoras que acompañan ao seu consumo.
Crearon un mural no que dispuxeron os envoltorios en función de si os produtos contiñan ou non aceite de palma: 

PALM OIL FREE AND WITH PALM OIL.



venres, 7 de abril de 2017

CREATIVIDADE


Un vídeo chulísimo para pais, nais, profes e nen@s.
Espero que vos faga reflexionar!
Pasade unhas boas vacacións de Semana Santa.

Pincha aquí para acceder ao enlace

mércores, 5 de abril de 2017

SAÍDA AO MUPEGA E AO AUDITORIO DE GALICIA




O pasado 31 de marzo os nenos e as nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, tiveron unha saída cultural ao MUPEGA e ao AUDITORIO DE GALICIA.

No MUPEGA viron un documental sobre as escolas de antes. Dividiron aos pequen@s en dous grupos e todos desfrutaron vendo e recreando o entorno social e escolar da primeira metade do século pasado. Viron libros, láminas, xogos, publicidade e sentaron en pupitres con tablets da época: de pizarra e madeira. 




Ambos grupos o pasaron e se portaron X E N I A L!


No AUDITORIO asistiron a un concerto didáctico. Un contacontos acompañado da Banda Municipal de Música de Santiago. Delicias para os ollos e para os oídos! ;)