Ilustracións: Quentin Blake
Editorial: Alfagurara juvenil
Resumo: A nosa profesora estanos lendo o libro das bruxas.
O protagonista é un neno que ten que ir a vivir coa súa avoa porque os seus pais morren nun accidente de coche.
O neno descubre que as bruxas son coma mulleres pero teñen outras características:
- Ráscanse moito a cabeza porque son calvas e usan perrucas.Por iso podemos atopar bruxas: loiras,morenas,grises...
- Non teñen dedas nos pés; os seus pes son cadrados por iso nunca andan de sandalias.
- Nunca cuspen diante da xente porque o seu cuspe é azul.
- Levan sempre luvas porque en lugar de uñas teñen garras.
- Teñen moito olfato. Por iso, si un neno está limpo á bruxa cheiralle mal por iso é mellor estar sucio porque así a bruxa non sabe que estás.
- Levan máscara para ocultar a súa cara toda engurrada.
O neno,convertido en rato polas bruxas e máis a súa avoa idean un plan para roubarlle a poción ás meigas e botala na sopa que elas van comer.
Estou desexando que a profesora acabe de lernos o libro para descubrir o final.
Todos deberiades ler este libro para recoñecer as bruxas porque calquer muller por moi encantadora que pareza pode ser unha bruxa.
As/os nenas/os de cuarto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario