O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. É un día moi especial no que
conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en
igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro
como persoas.
A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa
disposición unha recompilación de recursos co que pretendemos facilitar aos nosos mestres e aos nosos
alumnos o seu traballo e aprendizaxe entorno a un tema tan importante
como a igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social
e político.
Tamén vos deixamos un taboleiro de Pinterest cunha chea de lecturas, moitas das cales atoparedes na nosa biblioteca, sobre este tema tan importante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario