luns, 2 de maio de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA EL ACOSO ESCOLAR

Hoxe, 2 de maio,  celébrase o Día Internacional contra o acoso escolar coñecido tamén con Día contra o Bullying.
Trátase dunha campaña de concienciación sobre un problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo.
Asociacións de Padres e numerosas ONG's de todo o mundo acordaron a celebración deste día para concienciar á población sobre as consecuencias que pode causar o acoso entre os escolares así como divulgar diversos métodos para evitar que esta situacións ocurran.
Os nenos ou xóvenes que sufren acoso escolar por parte doutros estudantes ou son testemuñas de situacións de violencia de forma reiterada teñen un menor rendemento académico a curto e a longo prazo. Esta situación pode acentuarse ao longo do tempo e provocar na persoa afectada unha depresión que pode levarlle a non asistir a clase e deixar os estudos.
Dende a nosa biblioteca queremos compartir con vós algunhas lecturas que teñen como obxectivo concienciarnos sobre este tema tan preocupante.




E para os profes deixamos aquí tamén acceso a unha recompilación de recursos para traballar este tema nas aulas. Pincha sobre a imaxe:


Ningún comentario:

Publicar un comentario