Onte, 22 de xuño, celebramos o Festival de Fin de Curso no Centro.
Convidamos ás familias para que puideran desfrutar del e d@s seus fill@s ;)
Ás 10:00 h xa estabamos no Polideportivo, xa que os monitores das actividades da tarde estaban preparados para sorprendernos co seu Festival Deportivo.
Así que vimos aos nenos e nenas do cole en exhibicións de bádminton, iniciación predeportiva, fútbol sala, artes marciais e patinaxe artística.
Queremos aproveitar esta entrada para agrader a todos estes monitores e monitoras máquinas!!! Xa que todo o que vimos nos encantou! ;)
Ás 11:30 h deron comezo as obras teatrais e bailes organizadas polo profesorado do noso centro.
Así que vimos aos rapaces e rapazas gozar sobre o escenario.
Tiñamos todo moi ben organizado! @s primeir@s en actuar foron os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Primaria, que sorprenderon cunha pronunciación exquisita en lingua inglesa na representación de The shy fly (cando hai que agradecerche, Marinha!).
@s cativ@s de Educación Infantil bailaron e cantaron A Horta de Balbina, facendo honra ao noso Proxecto Documental Integrado deste ano: a alimentación saudable. Non se esqueceron!!!
Seguidamente o alumnado de 1º de Educación Primaria bailou a canción de La bicicleta, que foi un gran éxito o ano pasado.
O alumnado de 2º representou El oso cansado e os nenos e nenas de 3º e 4º bailaron Madre Tierra e unha A Roda Irlandesa.
Rematamos facendo homenaxe a Carlos Casares cunha obra representada polo grupo de 5º de Educación Primaria: A Galiña azul e un baile: Twist again dos nenos e das nenas de 6º.
Todo saiu perfecto!
@s mestr@s queremos agradecerlle aos presentadores de 6º que nos amenizasen a mañá durante as pausas.
;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario