O pasado 31 de marzo os nenos e as nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, tiveron unha saída cultural ao MUPEGA e ao AUDITORIO DE GALICIA.
No MUPEGA viron un documental sobre as escolas de antes. Dividiron aos pequen@s en dous grupos e todos desfrutaron vendo e recreando o entorno social e escolar da primeira metade do século pasado. Viron libros, láminas, xogos, publicidade e sentaron en pupitres con tablets da época: de pizarra e madeira.
Ambos grupos o pasaron e se portaron X E N I A L!
No AUDITORIO asistiron a un concerto didáctico. Un contacontos acompañado da Banda Municipal de Música de Santiago. Delicias para os ollos e para os oídos! ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario