mércores, 12 de abril de 2017

O AGASALLO DE PUMARIÑO





             Pumariño, a mascota da biblio, envioulle unha carta aos nenos e nenas de Educación Infantil.

             Dicía o seguinte:


Febreiro de 2017

Queridos nenos e nenas de Infantil:

Achégase o día de San Valentín. Estou pensando en preparar unha sorpresa para o cole, pero preciso da vosa colaboración.
Querédesme axudar?
Si é así, enviareivos instrucións aos poucos.

Un bico grande,


Pumariño



@s pequen@s colaboraron en todo o que lles pediu e ao final, Pumariño creou este cabaliño tan bonito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario