venres, 26 de maio de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 6º PRIMARIA


A semana pasada os nen@s de 6º de Primaria fóronse de excursión de fin de curso a Cantabria, acompañados pola súa titora, Lucía, e polo mestre de Ed. Física, Andrés.

Nesta magnífica experiencia visitaron dende covas, parques naturais, vilas con moito encanto, ata unha das prais máis particulares do mundo! Facemos un percorrido polos sitios que visitaron os nos@s pequen@s ?

O primeiro día visitamos a Cueva del Soplao (Cantabria), unha maravilla da natureza na que se poden observar formacións xeolóxicas dunha beleza espectacular. Posteriormente, aproveitando a tarde fomos ata o pobo pesqueiro de San Vicente de la Barquera e ata Comillas, unha das vilas máis fermosas da zona.




O segundo día esperávanos un dos pratos estrela da viaxe... a visita a Cabárceno!! Neste parque natural de máis de 700 hectáreas conviven animais tan dispares como gorilas, xirafas, elefantes, tigres, osos, cebras, rinocerontes, linces ibéricos... Durante todo o día percorremos este parque, quedando abraiados con todos estes animais descoñecidos para nós.







Ao rematar a visita, nos diriximos ata a cidade de Santander, onde demos un pequeno paseo xunto ao Palacio da Magdalena e o paseo marítimo, para rematar o día nunha pequena festa que nos tiñan preparado os do albergue. Ahí foi onde demostramos as nosas dotes de bailaríns (aínda que nos costou arrancar).


O último día foi quizais o máis intenso, levantámonos con ganas de mollarnos un pouco. Bañadores, escarpíns, traxe de neopreno, chaleco e a remar!!! Fixemos un pequeno descenso no río Deva. Dividímonos en dúas balsas e a facer un pouco de deporte! A mitade de camiño démonos un baño nas quentes augas do río Deva... Non nos creedes non? Estaba conxelada este auga!!




Unha vez que repuxemos forzas e nos despedimos da nosa monitora e do resto dos compañeiros do albergue no que nos aloxamos, puxemos rumbo a Galicia. De camiño fixemos un par de paradiñas por que aínda tiñamos ganas de mais. Coñecimos a praia de Gulpiyuri, unha das prais máis pequenas do mundo, e unha das poucas que é interior, a que non coñecedes ningunha así na nosa terra?
Despois tamén paramos na vila de Llanes e, por último, na fermosa praia das Catedrais en Lugo, onde gastamos as nosas últimas enerxías correndo pola praia para que non nos pillara a marea!!





Foron tres días nos que afianzamos a nosa amizade e coñecimos mellor aos nos@s compañeir@. 
Disfrutamos dunha experiencia que seguro non olvidaremos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario