Este día tan especial é festivo, polo que este ano no centro decidimos celebralo o 19, dous días despois.
Pero xa durante a anterior semana comezaron as primeiras lecturas do homenaxeado deste ano nas aulas: Carlos Casares e as primeiras manualidades d@s cativ@s.
Velaquí algunhas delas:
GALIÑAS AZUIS DE EDUCACIÓN INFANTIL:
A VERSIÓN DAS GALIÑAS D@S NEN@S DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
Este ano tamén se homenaxea a Maruxa Mallo no Día das Artes Galegas, polo que ao longo destas semanas pasadas os cursos de 4º e 5º EP traballaron a súa obra, a súa figura e trataron de entender o surrealismo das súas obras. Aquí tedes algunhas das obriñas feitas por el@s:
Hoxe, despois do recreo, @s nen@s leron con compañeir@s doutros cursos os escritos de Casares:
Algúns mesmo fixeron unha representación. Temos aquí a un neno que fixo de galiña e puxo: 1, 2 e ata 3 ovos. Todo vale con tal de entreter aos máis pequen@s ;)
A continuación, na entrada do centro, lembrámoslle que todos os anos celebramos o 17 de maio conmemorando a data da publicación do primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Cada ano adicáselle o día a un escritor ou escritora da Nosa Terra. Este ano o homenaxeado é (tal e como xa se indicou) Carlos Casares, do que lembramos lugar de nacemento e defunción.
Dúas alumnas de 5º de EP leron para tod@s nós unha das súas obras.
Fixérono xenial!
Logo cantamos entre tod@s a canción do PIRIMPIMPÍN.
E finalmente xogaron no patio a xogos traidicionais.
Contamos cuns invitados e cunhas invitadas moi especiais: @s maior@s do Centro de Día.
GRACIAS POR VIR!!!!!!!!!!
PARA O ANO MÁIS E MELLOR!
Ningún comentario:
Publicar un comentario