Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os nenos e nenas e entre os xóvenes e as xóvenes.
Nós queremos celebralo cunha imaxe dunha das nosas ilustradoras favoritas: Mónica Carretero que fixo pública hoxe.
Dedicámovola a todos vós, rapaces e rapazas de Urdilde, e tamén ás vosas familias para que vos sigan regalando libros e compartindo con vós eses momentos tan especiais de lectura en familia.
Tamén queremos dedicarlla aos vosos profes que tanto se esforzan en conseguir que sexades uns bos lectores e que amedes a lectura o resto das vosas vidas.
Cada ano unha Sección Nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e Xuvenil. Esa sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país con fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora que deseñe o cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc.
Este ano a sección elixida foi a Sección IBBY brasileña. Foi quen decidiu que a autora seleccionada para escribir esa importante mensaxe fose a escritora Luciana Sandroni e o ilustrador Ziraldo.
Este é o cartel que prepararon:
E aquí poderedes ler a mensaxe que deixou Luciana Sandroni para todos vós. Pinchade sobre él para poder amplialo e lelo ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario