domingo, 24 de abril de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO EN URDILDE

O 23 de abril conmemórase o DÍA DO LIBRO. Como este ano caía de sábado, no noso cole decidimos celebralo o venres para elo puxemos en práctica por primeira vez unha experiencia nova: os APADRIÑAMENTOS LECTORES. Foi un momento especial para todos nós. Os Padriños e Madriñas lectores (alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º) buscaron o lugar que máis lles gustou por todo o colexio para lerlles ao seus afillaos (alumnos de Infantil, 1º e 2º). E aquí os tedes!! Que ben o pasaron!!

Apadriñamentos Lectores: Día do Libro no CEIP Plurilingüe Pumar-Urdilde 2016 from asun urdilde on Vimeo.


E tamén co gallo da celebración do DÍA DO LIBRO o Equipo de Biblioteca preparou unha Guía de Lectura titulada "Os libros nos libros".
"Os libros, ás veces, fanse unha homenaxe a sí mesmos converténdose nos protagonistas das súas narracións. É coma se os libros dixesen: agora imos falar de nós mesmos: de como nos fan, de quen nos escribe e nos ilustra, dos lectores que nos devoran, de quen nos coida e ordena... Incluso, ás veces, ata deciden mesturar aos personaxes das súas páxinas e colocalos noutras historias para, así, sorprender aos lectores e facernos pensar que aínda hai miles de historias por escribir e as mesmas por ler."
Esta guía axudaravos a coñecer mellor todos estes libros que falan de sí mesmos.


Os rapaces foron agasallados cun MARCAPÁXINAS coa nosa mascota Pumariño para non esquecer nunca a páxina na que estamos do libro que estamos a ler. Se por algunha razón a perdedes podedes descargala de novo aquí, rexistrándovos na páxina de ISSUU.
E para rematar deixámosvos outro pequeno agasallo: trátase dunha curtametraxe que de seguro moitos de vós coñeceredes: "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore" Inspirado por igual no furacán Katrina, Buster Keaton, o mago de Oz e unha gran pasión polos libros, esta curta dirixida polo autor e ilustrador Willian Joyce e o seu co-director Brandon Oldenburg en 2011 é unha entretida e apaixonante historia das persoas que dedican a súa vida aos libros e a quenes os libros lles devolven o favor. Fala dos poderes curativos dunha boa lectura. A historia xira arredor do amor polos libros, a súa capacidade para iluminar as nosas vidas e o marabilloso que é mergullarse na lectura. Esta curtametraxe gañou unha ducia de premios en festivales de cine, incluindo o Premio do Público no Festival de Cine de Austin, mellor curta de animación no Festival de Cine de Cinequest; e por suposto, o galardón como Mellor Curtametraxe de Animación nos premios Oscar na súa 84ª edición

.

Ningún comentario:

Publicar un comentario