martes, 17 de maio de 2016
domingo, 8 de maio de 2016
MANUEL MARÍA: autor homenaxeado o día das letras galegas
Manuel María é o poeta homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.
Para ir coñecendo máis profundamente a súa vida e obra deixámosvos aquí unha páxina que recolle unha chea de recursos para que vaides traballando nas aulas.
E lembrade acudide á biblioteca e poderedes atopar as súas obras e máis información sobre este poeta tan querido na nosa terra.
Pinchade sobre a imaxe para acceder aos recursos
venres, 6 de maio de 2016
luns, 2 de maio de 2016
DÍA INTERNACIONAL CONTRA EL ACOSO ESCOLAR
Hoxe, 2 de maio, celébrase o Día Internacional contra o acoso escolar coñecido tamén con Día contra o Bullying.
Trátase dunha campaña de concienciación sobre un problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo.
Asociacións de Padres e numerosas ONG's de todo o mundo acordaron a celebración deste día para concienciar á población sobre as consecuencias que pode causar o acoso entre os escolares así como divulgar diversos métodos para evitar que esta situacións ocurran.
Os nenos ou xóvenes que sufren acoso escolar por parte doutros estudantes ou son testemuñas de situacións de violencia de forma reiterada teñen un menor rendemento académico a curto e a longo prazo. Esta situación pode acentuarse ao longo do tempo e provocar na persoa afectada unha depresión que pode levarlle a non asistir a clase e deixar os estudos.
Dende a nosa biblioteca queremos compartir con vós algunhas lecturas que teñen como obxectivo concienciarnos sobre este tema tan preocupante.
E para os profes deixamos aquí tamén acceso a unha recompilación de recursos para traballar este tema nas aulas. Pincha sobre a imaxe:
domingo, 1 de maio de 2016
DÍA DA NAI
Hoxe, primeiro domingo de maio, celebramos o DÍA DA NAI e para celebralo a biblioteca quere compartir con vós esta fermosa selección de libros dedicados ao amor con que nos colman as nosas nais.
E agora despois de ver a cantidade de libros que a Literatura Infantil e Xuvenil dedica as nais, imos disfrutar de algúns destes libros. Parécevos?
luns, 25 de abril de 2016
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
Hoxe disfrutamos na nosa biblioteca dunha visita moi especial. Para rematar coas celebracións do DÍA DO LIBRO recibimos a RAQUEL QUEIZÁS. Raquel ten unha traxectoria de máis de 10 anos dedicada a narración oral profesional.

O espectáculo que nos trouxo titulase "O CESTO DOS CONTOS":

O espectáculo que nos trouxo titulase "O CESTO DOS CONTOS":
"A miña avoa traballaba servindo polbo na feira de gando do Toural. Nos días de feira erguíamonos moi cedo e saiamos no Landrover do patrón. A miña avoa apertábase no asento cos compañeiros e eu ía na parte de atrás. Levaban tantas cousa que me metían nunha daquelas inmesas potas de cobre de cocer o polbo para que non me esmagasen as banquetas e as pilas d pratos de madeira.
Mestres íamos choutanto por aquelas pistas de monte escoitaba historias e anécdotas sobre uns e outros, e seguía escoitando mestres a avoa cortaba pratos e pratos de polbo para os feirantes..."
Moito disfrutamos con Raquel e cos seus contos, Ofreceunos dúas sesións: unha para os máis pequenos e outra para os maiores.
E aquí vos deixamos algunhas fotos para lembrarnos da súa visita e dos bos momentos que nos fixo pasar.
domingo, 24 de abril de 2016
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO EN URDILDE
O 23 de abril conmemórase o DÍA DO LIBRO. Como este ano caía de sábado, no noso cole decidimos celebralo o venres para elo puxemos en práctica por primeira vez unha experiencia nova: os APADRIÑAMENTOS LECTORES. Foi un momento especial para todos nós. Os Padriños e Madriñas lectores (alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º) buscaron o lugar que máis lles gustou por todo o colexio para lerlles ao seus afillaos (alumnos de Infantil, 1º e 2º). E aquí os tedes!! Que ben o pasaron!!
E tamén co gallo da celebración do DÍA DO LIBRO o Equipo de Biblioteca preparou unha Guía de Lectura titulada "Os libros nos libros".
"Os libros, ás veces, fanse unha homenaxe a sí mesmos converténdose nos protagonistas das súas narracións. É coma se os libros dixesen: agora imos falar de nós mesmos: de como nos fan, de quen nos escribe e nos ilustra, dos lectores que nos devoran, de quen nos coida e ordena... Incluso, ás veces, ata deciden mesturar aos personaxes das súas páxinas e colocalos noutras historias para, así, sorprender aos lectores e facernos pensar que aínda hai miles de historias por escribir e as mesmas por ler."
Esta guía axudaravos a coñecer mellor todos estes libros que falan de sí mesmos.
Esta guía axudaravos a coñecer mellor todos estes libros que falan de sí mesmos.
E para rematar deixámosvos outro pequeno agasallo: trátase dunha curtametraxe que de seguro moitos de vós coñeceredes: "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore"
Inspirado por igual no furacán Katrina, Buster Keaton, o mago de Oz e unha gran pasión polos libros, esta curta dirixida polo autor e ilustrador Willian Joyce e o seu co-director Brandon Oldenburg en 2011 é unha entretida e apaixonante historia das persoas que dedican a súa vida aos libros e a quenes os libros lles devolven o favor. Fala dos poderes curativos dunha boa lectura. A historia xira arredor do amor polos libros, a súa capacidade para iluminar as nosas vidas e o marabilloso que é mergullarse na lectura. Esta curtametraxe gañou unha ducia de premios en festivales de cine, incluindo o Premio do Público no Festival de Cine de Austin, mellor curta de animación no Festival de Cine de Cinequest; e por suposto, o galardón como Mellor Curtametraxe de Animación nos premios Oscar na súa 84ª edición
.
.
domingo, 3 de abril de 2016
XVII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
Este ano na XVII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra os protagonistas son os animais domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos,... formigas, osos, cans e paxaros, ... de todas partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e dos ecosistemas por coñecer,... reais e fantásticos!!
Todos teñen cabida no Salón que poderemos disfrutar entre o 1 e o 23 de abril de 2016.
Podedes consultar o seu programa de actividades (que se celebran no Pazo da Cultura de Pontevedra) aquí:
E falando de bichería dende a nosa biblio gustaríanos darvos a coñecer unha serie de curtametraxes animadas de orixe francés cheíñas de bicherío e que de seguro sabemos que vos van a gustar moitísimo. A serie titúlase Minúscule e xa hai 2 temporadas colgadas en internet. Trátase cunhas curtametraxes francesas superdivertidas. Aquí vos deixamos unha delas pero si buscades en youtube poñendo a palabra "Minuscule" atoparedes un montón delas.
sábado, 2 de abril de 2016
2 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os nenos e nenas e entre os xóvenes e as xóvenes.
Nós queremos celebralo cunha imaxe dunha das nosas ilustradoras favoritas: Mónica Carretero que fixo pública hoxe.
Dedicámovola a todos vós, rapaces e rapazas de Urdilde, e tamén ás vosas familias para que vos sigan regalando libros e compartindo con vós eses momentos tan especiais de lectura en familia.
Tamén queremos dedicarlla aos vosos profes que tanto se esforzan en conseguir que sexades uns bos lectores e que amedes a lectura o resto das vosas vidas.
Cada ano unha Sección Nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e Xuvenil. Esa sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país con fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora que deseñe o cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc.
Este ano a sección elixida foi a Sección IBBY brasileña. Foi quen decidiu que a autora seleccionada para escribir esa importante mensaxe fose a escritora Luciana Sandroni e o ilustrador Ziraldo.
Este é o cartel que prepararon:
E aquí poderedes ler a mensaxe que deixou Luciana Sandroni para todos vós. Pinchade sobre él para poder amplialo e lelo ben.
venres, 18 de marzo de 2016
DÍA DO PAI
Mañá celébrase o DÍA DO PAI !
Dende a biblioteca ofrecémosvos unha estupenda Guía de Lectura chea de libros que falan sobre os papás.
Dende a biblioteca ofrecémosvos unha estupenda Guía de Lectura chea de libros que falan sobre os papás.
mércores, 2 de marzo de 2016
DÚAS MULLERES E UNHA LECCIÓN QUE APRENDER
Durante moito tempo, a sociedade presentou aos homes cun papel dominante e ás mulleres, en cambio, cun papel de sumisión obrigadas a renunciar ao éxito académico ou laboral extradoméstico para ocuparse das suas familias e das tarefas domésticas.
Afortunadamente, na nosa sociedade, vanse superando os estereotipos ligados ao sexo e, hoxe continuamos loitando por unha Educación para a Igualdade de Oportunidades para ambos sexos.
Queríamos compartir con todos vós un par de libros moi especiais.
No primeiro deles, titulado MARUXA e editado pola Editorial OQO, imos coñecer a Maruxa, unha muller moi intelexente, que decide darlle unha boa lección ao seu marido para que colabore con ela nas tarefas que "por tradición" parece que están ligadas á muller na casa.
No segundo libro, titulado O LIBRO DOS PORCOS e publicado por a Editorial Kalandraka, é a señora Porcón a que decide darlles unha boa lección ao seu marido e aos seus fillos para se aprendan que as tarefas do fogar son responsabilidade de todos os membros da familia.
Estas dúas intelixentes mulleres dannos una lección tamén a nós. Unha lección que ningúen de nós debe esquecer porque todos as mulleres e as nenas teñen exactamente os mesmos dereitos e as mesmas responsabilidades que os homes e que os nenos.
martes, 23 de febreiro de 2016
RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. É un día moi especial no que
conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en
igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro
como persoas.
A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa
disposición unha recompilación de recursos co que pretendemos facilitar aos nosos mestres e aos nosos
alumnos o seu traballo e aprendizaxe entorno a un tema tan importante
como a igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social
e político.
Tamén vos deixamos un taboleiro de Pinterest cunha chea de lecturas, moitas das cales atoparedes na nosa biblioteca, sobre este tema tan importante.
domingo, 14 de febreiro de 2016
AMOR NA BIBLIOTECA
Para celebrar o DÍA DOS NAMORADOS, deixámosvos aquí un precioso poema de amor escrito por Liliana Cinetto no seu libro "20 poesías de amor y un cuento desesperado".
Esperamos que vos guste.
Podes descargalo escrito e imprimilo se pinchas AQUÍ
mércores, 13 de xaneiro de 2016
LECTURAS E RECURSOS PARA A PAZ
O vindeiro 30 de xaneiro celebrarase o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi.
A nosa biblioteca quere participar na celebración desta data aportándovos toda una selección de libros que falan deste tema. Algúns deles poderedes atopalos na biblioteca. Outros podemos atopalos nas bibliotecas públicas da zona ou podemos mercalos.
Trátase dun taboleiro de Pinterest no que atoparedes todas as portadas dos libros infantís relacionados con esta temática. Se aínda non tedes conta nesta aplicación tan útil, levaravos 2 minutiños rexistrarvos.
Follow Asun García's board Día da paz na LIX on Pinterest.
Os profes tamén poden atopar algúns RECURSOS para traballar nas aulas este tema pinchando sobre a seguinte ilustración:
Trátase dun taboleiro de Pinterest no que atoparedes todas as portadas dos libros infantís relacionados con esta temática. Se aínda non tedes conta nesta aplicación tan útil, levaravos 2 minutiños rexistrarvos.
Follow Asun García's board Día da paz na LIX on Pinterest.
Os profes tamén poden atopar algúns RECURSOS para traballar nas aulas este tema pinchando sobre a seguinte ilustración:
venres, 11 de decembro de 2015
COÑECENDO AO APALPADOR
Coñecedes ao Apalpador???
O Apalpador e un vello corpulento e bondadoso que viste sempre con roupas gastadas e remendadas e leva boina. Dedícase ao antigo oficio de facer carbón vexetal e frecuenta as zonas do Courel, os Ancares e o Cebreiro. A noite do 31 de decembro, baixa da súa solitaria cabana no cumio dun dos montes máis altos, cargado cun enorme saco cheo de castañas e visita todas as aldeas galegas. Mentres todos dormen, el entra nas casas para apalpar as barriguiñas dos nenos e nenas e comprobar se están ben alimentados e deixarlles unha boa presada de castañas para que non pasen fame.
Hoxe en día, como non atopa moitos ventres baleiros, acostuma a deixar tamén un pequeno xoguetiño de construción artesanal cheo de agarimo.
Se lle ledes este díptico as vosas familias, conseguiredes que eles tamén o coñezan.
Se lle ledes este díptico as vosas familias, conseguiredes que eles tamén o coñezan.
Hai quen di que desaparecerá de Galicia se a xente non lle presta a atención que recibiu durante séculos e se Papá Noel segue roubándolle o seu traballo. E bo, polo tanto, que fales del e llo presentes a toda a xente que coñezas sobre todo aos máis cativos, para lograr que non nos abandone e siga visitándonos todos os anos.
Queres ler o Conto do Apalpador agora?
E xa para rematar imos cun pouquiño de música. O Apalpador tamén é protagonista dalgunhas cancións que de seguro che gustará aprender ou polo menos escoitar. Aquí che deixamos un par delas.
E xa para rematar imos cun pouquiño de música. O Apalpador tamén é protagonista dalgunhas cancións que de seguro che gustará aprender ou polo menos escoitar. Aquí che deixamos un par delas.
luns, 26 de outubro de 2015
XA SE RESPIRA AMBIENTE DE SAMAÍN NO COLE!
Ola a todos e todas!!!
Xa se respira ambiente de Samaín no cole!!
Os corredores xa comezaron a decorarse!! Xa chegaron moitísimas cabazas para a exposición e a Biblioteca sacou unha chea de libros de medo para unha exposición no corredor do cole!
Aquí vos deixamos un pase con varias fotos para que vaiades vendo!!
Xa se respira ambiente de Samaín no cole!!
Os corredores xa comezaron a decorarse!! Xa chegaron moitísimas cabazas para a exposición e a Biblioteca sacou unha chea de libros de medo para unha exposición no corredor do cole!
Aquí vos deixamos un pase con varias fotos para que vaiades vendo!!
domingo, 25 de outubro de 2015
GUÍA DE LECTURA SAMAÍN 2015
Aquí vos deixamos a Guía de Lectura que elaboramos con motivo do Samaín.
Escollede as mellores lecturas para tremer de medo!
Escollede as mellores lecturas para tremer de medo!
O RE-MEDO CONTRA O ABURRIMENTO: lecturas para un Samaín de medo
Chegou o outono, e con el, o tempo das castañas, da vendimia, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
Aquí tedes un feixe de libros que constitúen un verdadeiro RE-MEDO CONTRA O ABURRIMENTO.
Algúns deles atoparedelos na exposición de libros de medo que con motivo do Samaín organizou a biblioteca no corredor do centro.
Disfrutádeos!!!Follow Asun García's board O re-me do contra o aburrimento on Pinterest.
E para profes e familias poñemos a vosa disposición unha recompilación de recursos para disfrutar do Samaín.
Aproveitádea pinchando sobre a imaxe!!
domingo, 22 de febreiro de 2015
martes, 2 de decembro de 2014
xoves, 6 de novembro de 2014
Autor: Roald Dahl
Ilustracións: Quentin Blake
Editorial: Alfagurara juvenil
Resumo: A nosa profesora estanos lendo o libro das bruxas.
O protagonista é un neno que ten que ir a vivir coa súa avoa porque os seus pais morren nun accidente de coche.
O neno descubre que as bruxas son coma mulleres pero teñen outras características:
O neno,convertido en rato polas bruxas e máis a súa avoa idean un plan para roubarlle a poción ás meigas e botala na sopa que elas van comer.
Estou desexando que a profesora acabe de lernos o libro para descubrir o final.
Todos deberiades ler este libro para recoñecer as bruxas porque calquer muller por moi encantadora que pareza pode ser unha bruxa.
Ilustracións: Quentin Blake
Editorial: Alfagurara juvenil
Resumo: A nosa profesora estanos lendo o libro das bruxas.
O protagonista é un neno que ten que ir a vivir coa súa avoa porque os seus pais morren nun accidente de coche.
O neno descubre que as bruxas son coma mulleres pero teñen outras características:
- Ráscanse moito a cabeza porque son calvas e usan perrucas.Por iso podemos atopar bruxas: loiras,morenas,grises...
- Non teñen dedas nos pés; os seus pes son cadrados por iso nunca andan de sandalias.
- Nunca cuspen diante da xente porque o seu cuspe é azul.
- Levan sempre luvas porque en lugar de uñas teñen garras.
- Teñen moito olfato. Por iso, si un neno está limpo á bruxa cheiralle mal por iso é mellor estar sucio porque así a bruxa non sabe que estás.
- Levan máscara para ocultar a súa cara toda engurrada.
O neno,convertido en rato polas bruxas e máis a súa avoa idean un plan para roubarlle a poción ás meigas e botala na sopa que elas van comer.
Estou desexando que a profesora acabe de lernos o libro para descubrir o final.
Todos deberiades ler este libro para recoñecer as bruxas porque calquer muller por moi encantadora que pareza pode ser unha bruxa.
As/os nenas/os de cuarto.
xoves, 17 de abril de 2014
domingo, 9 de febreiro de 2014
sábado, 8 de febreiro de 2014
Ottoline y el mar
Autor: Chris Riddell
Editorial:EDELVIVES
Resumo:Ottoline e o Sr Munroe, vanse de viaxe, e Ottoline non sabe onde ir. O SR MUNROE quere ir a Noruega e Ottoline consultou o libro que se titula "O silbido salvaxe ". Ottoline viaxou a Noruega cun oso e fixeronno en submarino, con tres monos de tripulación. Mentres viaxaban no submarino a alarma antiicebeg saltou, e subiron á superficie a ver que ocurria. Viron un iceberg e tres osos polares. Os osos convidaronlle a súa casa, e alí a osa Carolina presentoulles a todos os seus amigos. Carolina regaloulle unhas botas a Ottoline. A viaxe continúa; volveron oir outro ruido, novamente foron, era un hidroavión. O submarino quedou sen batería e Menta levou a Ottoline e Oso. Descubriron unha illa habitada por dous trolls, Ringo e George. Mentras Menta arranxaba o hidroavión, os trolls convidaron a Ottoline a tomar tortitas e arenque. Ottoline queria continuar a súa viaxe e fixo nuha balsa. Despois de levar un tempo no mar perdense. Entón Tor asubiou e apareceron dúas tartarugas ,unha balea e unha aguía mariña
CONTINUARÁ.....
Editorial:EDELVIVES
Resumo:Ottoline e o Sr Munroe, vanse de viaxe, e Ottoline non sabe onde ir. O SR MUNROE quere ir a Noruega e Ottoline consultou o libro que se titula "O silbido salvaxe ". Ottoline viaxou a Noruega cun oso e fixeronno en submarino, con tres monos de tripulación. Mentres viaxaban no submarino a alarma antiicebeg saltou, e subiron á superficie a ver que ocurria. Viron un iceberg e tres osos polares. Os osos convidaronlle a súa casa, e alí a osa Carolina presentoulles a todos os seus amigos. Carolina regaloulle unhas botas a Ottoline. A viaxe continúa; volveron oir outro ruido, novamente foron, era un hidroavión. O submarino quedou sen batería e Menta levou a Ottoline e Oso. Descubriron unha illa habitada por dous trolls, Ringo e George. Mentras Menta arranxaba o hidroavión, os trolls convidaron a Ottoline a tomar tortitas e arenque. Ottoline queria continuar a súa viaxe e fixo nuha balsa. Despois de levar un tempo no mar perdense. Entón Tor asubiou e apareceron dúas tartarugas ,unha balea e unha aguía mariña
CONTINUARÁ.....
Jessica Ramos Villaverde (5º)
Palabras de Caramelo
Ilustracións:Fernando Martín Godoy
Editorial: Anaya
Resumo:
Trata sobre
un neno palestino que se chama Kori e ten oito anos, que naceu xordo e
mudo e que lle encantaban os camelos e súa tía tiña unha camela
e Kori sempre ía visitar a camela Un día, veu que nacera un camelo
e tiña a cor de caramelo e Kori decidiu chamarlle Caramelo. Kori vía
que Caramelo movía os labios e pensou que os camelos falaban e todos
os días Kori iba ver a Caramelo e o camelo contáballe as historias
do deserto. E un día viñeron os "homes serios" dicindo que tiñan que sacrificar ao seu camelo
e.................................
e.................................
Laura Barbazán Lesta (5º)
Etiquetas:
amistade,
anaya,
aventuras,
discapacidade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












